Área privada

Asesoramento xurídico

Asesoramento xurídico

O despacho profesional A Sensu Contrario é o encargado da Asesoría Xurídica do Ceesg. Os servizos que nos ofrece enfócanse cara dúas vertentes:

  • A representación ante os xulgados e tribunais e defensa xurídica da nosa entidade –e por ende das educadoras e educadores sociais como colectivo-, así como o asesoramento para que as actuacións do Ceesg se axusten a dereito. Para isto, a asesoría ten presenza nas Xuntas de Goberno da entidade cando sexa necesario.
  • A atención personalizada a persoas colexiadas. A Sensu Contrario antederá dúbidas de tipo xurídico, prestando unha orientación básica inicial sobre a situación na que se precise de asesoramento. A primeira consulta será gratuíta; se fose necesario continuar co asesoramento ou exercer medios de defensa ante órganos xurisdicionais, administracións ou particulares, facilitarán previamente un orzamento no que as persoas colexiadas se beneficiarán dun desconto do 40% sobre os honorarios habituais. O asesoramento realizarase preferentemente de forma presencial na sede do Ceesg, previa cita. De non ser posible acudir presencialmente, poderá atenderse tamén por teléfono.
Ver entrevista ao avogado de A Sensu Contrario Fran del Buey.