Área privada

Colexiación

AMIGAS/OS DO CEESG

Es estudante de Educación Social e interésache a situación da profesión?
Daquela non tes máis que contactar co Colexio de Educación Social de Galicia e acollerte a esta oportunidade para o ESTUDANTADO DE EDUCACIÓN SOCIAL -que non cumpran os requisitos de colexiación-.


Características:

  • Calquera Estudante de Educación Social pode achegarse aos Servizos do Ceesg facéndose Amiga/o do Ceesg, aboando unha cota de 20 € por curso académico.
  • Terás acceso a todos os servizos dos que disfrutan as persoas colexiadas* agás ao Seguro de Responsabilidade Civil. (Non terás dereito a voto en asemblea).
  • A amizade farase efectiva no momento en que toda a documentación (Anexo I, copia do DNI, Acreditación de ser Estudante de Grao en ES e impreso de domiciliación bancaria) sexa presentada no Ceesg.
  • No momento en que se faga efectiva a amizade, recibirás un mail de confirmación.
  • Tódolos anos deberás acreditar a situación de estudante, ou automaticamente se fará efectiva a baixa.
  • As cotas de Amigas/os do Ceesg que pagues durante o teu período estudiantil seranche descontadas das cotas do Ceesg, colexiándote no curso seguinte.
  • Poderás beneficiarte da amizade co Ceesg mentres sexas estudiante de Educación Social e durante un máximo de catro cursos académicos.
* As promocións ofrecidas por outras empresas para persoas colexiadas poden decidir se facer extensiva ou non as súas promocións ás amigas e amigos do Ceesg.

¿Cómo tes que facer?

Descarga os seguintes impresos e fainos chegar ao Ceesg por correo postal, achegándote presencialmente á nosa sede, ou enviándoos a ceesg@ceesg.org. Recorda incluír tamén a documentación complementaria: Fotocopia do DNI e da matrícula do actual curso académico.

Solicitude Amigas/os do Ceesg