Área privada

Colexiación

Como colexiarse?

Para colexiarte, descarga os seguintes impresos e fainos chegar ao Ceesg por correo postal certificado, correo-e ou achegándote presencialmente á nosa sede.

Descargar o impreso de colexiación

Unha vez recibida a documentación completa no Ceesg, daráselle trámite administrativo, do que recibirás confirmación por correo electrónico xunto co teu número de colexiada/o. Isto supón que a xa está formalizada a túa alta no Ceesg e entras a formar parte da vida colexial e a disfrutar de todos os dereitos como colexiada/o.

Nun prazo breve, tamén remitiremos por correo ordinario ao teu domicilio, entre outra documentación:

  1. Unha copia da solicitude de alta e da domiciliación bancaria.
  2. O certificado de colexiación.
  3. O carné de colexiada/o.
  4. Os documentos profesionalizadores da Educación Social.

Ver información sobre a cotas de mantemento colexial.