Área privada

Formación con desconto: Sesión clínica con Valentín Escudero

Martes, 26 Xaneiro de 2016 | Tags: familias , servizos sociais , formación , descontos

Valentín Escudero é profesor da Universidade de A Coruña e director de Unidade de Investigación en intervención e Coidado Familiar. É tamén Prof. Clínico Adxunto da State University of New York, University at Albany (EEUU), foi Profesor Visitante de Vrije Universitate de Bruselas (Bélxica) e Investigador Invitado do Centre for Family Policy and Child Welfare, School for Policy Studies (Centro de políticas de familia e benestar infantil) da Universidade de Bristol, Reino Unido; así como autor de numerosas publicacións en revistas como o Journal of Family Therapy, Journal of Marital and Family Therapy, Psychotherapy, Psychotherapy Research e Journal of Counseling Psychology.

Loft psicólogos organiza esta sesión aplicando un desconto a persoas colexiadas no Ceesg, quedando a taxa de inscrición para o noso colectivo en 25€. Para aproveitar este desconto, debes acreditar a túa colexiación no momento de realizar a inscrición.

Data: 13 de febreiro de 9:15 a 14:30 h.

Lugar: Milladoiro-Ames

Descargar folleto

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade