Área privada

Formación con desconto: Manexar o impacto de situacións traumáticas

Mércores, 29 Abril de 2015 | Tags: , formación , descontos , terapia

Loft Psicólogos ofrece o vindeiro 30 de maio formación sobre Como manexar o impacto que sofren as vítimas de situacións traumáticas, e no que ofrece un desconto ás persoas colexiadas no Ceesg.

Así nolo presentan:

Tendo en conta que a presenza dos profesionais do ámbito social está sendo cada vez máis demandada en situacións tráxicas, consideramos a necesidade de estar convenientemente formados para intervir con garantía e poder prestar a axuda que se nos demanda. Estas situacións, por desgraza, están sendo máis presentes nos últimos tempos, acontecementos como o accidente do Alvia en Compostela, o accidente do voo de Germanwings e outras, fan necesaria a intervención de profesionais cualificados que presten axuda ás vítimas.As investigacións neste campo determinan que para coñecer o número de persoas afectadas nun suceso tráxico debemos multiplicar por dez o número de vítimas directamente afectadas no mesmo, sen esquecer aos profesionais e voluntarios que participan no traballo de axuda na traxedia.

O curso será impartido polo prof. José Navarro Góngora, un dos especialistas con maior relevancia internacional no manexo de situacións de crise, trauma e estrés postraumático, que traballou en traxedias como o terremoto de Haití, o atentado do 11-M en Atocha, o terremoto de Lorca e que dirixe programas de formación a equipos de intervención en crise e estrés postraumático en México.

Pensamos que está é unha gran oportunidade de aprender cun experimentado profesional que pestra atención e axuda a persoas que teñen sufrido situacións de gran impacto.

Como en anteriores ocasións, ofrecemos un desconto ás persoas colexiadas no Ceesg, aplicándolle a taxa de estudante, para elo deberán acreditar a súa condición no momento de realizar a inscrición no curso.

Descargar tríptico

Descargar cartaz

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade