Área privada

Formación con desconto: IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar

Xoves, 29 Xaneiro de 2015 | Tags: familias , formación , descontos , atención temperá

Dende a Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela e o grupo de investigación ESCULCA organizan o IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar (Ciatef), que terá lugar os días 10, 11 e 12 de setembro de 2015 en Santiago de Compostela e no que se darán cita prestixiosos investigadores de todo o mundo do campo da atención temperá e a intervención dos trastornos no desenvolvemento e da educación en contextos familiares.

As educadoras e educadores sociais colexiadas/os no Ceesg terán un desconto do 20% nas taxas de inscrición ao Congreso.

Non perdas a oportunidade de presentar comunicacións e/ou posters. O prazo está aberto ata o 20 de febreiro.

Máis información sobre o congreso na súa web: http://www.usc.es/congresos/ciatef15

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade