Área privada

Formación: Módulo de maltrato infantil de SIUSS

Mércores, 21 Maio de 2014 | Tags: familias , servizos sociais , formación , siuss

A comezos dos anos 90 implantouse o programa informático SIUSS (Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais) para adaptar a ficha social ás novas tecnoloxías. As intervencións dos servizos sociais comunitarios poden quedar rexistradas nesta ferramenta, incluída a que as educadoras/es sociais realizan no marco do Servizo de Educación e Apoio Familiar municipal.

As profesionais da educación social temos acceso a esta ferramenta a través do seu módulo 5 (Denominado “Maltrato infantil”) Tras detectar unha infrautilización deste recurso, a Consellería de Traballo e Benestar, a petición do Ceesg, organiza unha formación específica dirixida a profesionais da educación social, responsables do Servizo de Educación e Apoio Familiar, que estean en activo nos servizos sociais comunitarios de Galicia.

É moi importante usar o SIUSS para actualizarnos e deixar de usar só o formato papel, para facilitar o noso traballo, para visibilizar o labor das educadoras/es sociais, e para que os datos que se recaban a partir desta ferramenta sexan REAIS, o que dá conta tamén das necesidades e do traballo de cada concello.

Esta formación organízase para coñecer a rendibilidade que pode ofrecernos esta ferramenta, resolveremos todas as dúbidas sobre o acceso ao SIUSS por parte das educadoras sociais, e familiarizarémonos co seu uso.

Será os días 16 e 17 de xuño, en horario de 9 a 14:30 horas, na aula de informática da Consellería de Traballo e Benestar, situada no edificio da Consellería, en San Lázaro (Santiago de Compostela)

Inscricións

Será necesario realizar a inscrición enviando a ficha correspondente a ceesg@ceesg.org ou ó fax 981938274

Prazas limitadas.

Descargar ficha de inscrición

 
Xornada: Módulo de maltrato infantil de SIUSS
Datas e horario: 16 e 17 de xuño, de 9:00 a 14:30 horas.
Lugar: Aula de informática da Consellería de Traballo e Benestar en San Lázaro.

 

ACTUALIZACIÓN!: As prazas do curso xa están completas. Debido ao éxito desta convocatoria, solicitaremos á Consellería de Traballo e Benestar que se realicen outras edicións desta formación. Seguiremos recibindo solicitudes de inscrición das profesionais interesadas, que pasarán a estar nunha lista de espera, e que nos servirán para medir a demanda da formación, e respaldar así a solicitude de realizar novas edicións.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade