Área privada

Charla: Audición, conducta e rendemento escolar

Venres, 19 Abril de 2013 | Tags: Ceesg , diversidade funcional , formación

O próximo venres día 19 de Abril ás 20:00 impartirase unha charla no local de Persoas WIP (Rolda da Muralla 89, baixo, Lugo) a cargo de JAVIER DEL OLMO ZAMORA, psicoterapeuta e reeducador auditivo e especialista en estimulación no Instituto de desenvolvemento infantil en Vigo. ( www.berardvigo.es - www.instutodesarrolloinfantil.eu)

A charla terá por título Audición, conduta e rendemento escolar e abordarase o tema da importancia dunha correcta calidade auditiva no desenvolvemento da conduta e dos procesos de aprendizaxe e a incidencia nalgúns trastornos específicos.

A quen vai dirixida?

  • Pais de nenas e nenos que presentan dificultades de aprendizaxe derivadas de trastornos de déficit de atención (TDAH), hiperactividade, problemas de lectoescritura...
  • Pais de nenas e nenos con trastorno de espectro de autismo (TEA) ou nenas e nenos con lesións cerebrais.
  • Docentes, profesorado de apoio e profesorado de educación especial.
  • Orientadoras/es educativas/os
  • Especialistas en Atención temperá.
  • Logopedas
  • Psicólogas/os
  • Psicoterapeutas
  • Pediatras
  • Persoas que sofren de presbiacusia ou perda gradual de agudeza auditiva.

 

Introdución:

Desde que temos 4 meses de vida intrauterina, espértase o sentido do oído, e desde entón aparece ante nós un mundo sonoro, cheo de sons e ruídos. O noso mundo cobra unha nova dimensión nese momento que dende entón comezamos a rexistrar.

Dende que somos conscientes do son comezamos a rexistrar unha memoria sonora, onde ante determinados sons, voces e ruídos se asocian a estados de ánimo ou emocións. Durante o resto da nosa vida a información sonora acompañásenos de forma esencial completando dun xeito fundamental o noso mundo.

Vivimos nun mundo cheo de sons, unha gran parte da información que recibimos en cada momento é sonora, este fluxo é fundamental para completar a nosa comprensión de todo o noso universo. Unha boa parte da nosa vida pasarémola na escola sometidos a longas xornadas de clases onde a aprendizaxe se fai fundamentalmente de forma oral, nesa primeira etapa da nosa vida a capacidade de procesamento do noso sistema auditivo será fundamental para que poidamos ser capaces de comprender aquela información que recibimos.

O oído traballa día e noite, as vinte e catro horas, captando, amplificando, percibindo e codificando estímulos sonoros. A súa eficiencia é vital nun mundo cheo de sons e, especialmente, nunha sociedade onde é obrigatorio escoitar as explicacións dos profesores en longas xornadas diarias durante moitos anos.

Unha boa agudeza auditiva non garante o perfecto desenvolvemento da área neurolóxica da audición, que é a máis complexa das áreas cerebrais.

É moi importante a distinción entre agudeza auditiva e calidade auditiva, cando dicimos que unha persoa oe ben, referímonos á agudeza auditiva, pero moita xente non é consciente de que, a pesar de contar cunha excelente agudeza, o receptor auditivo pode procesar as mensaxes sonoras de forma moi imperfecta, tendo unha mala calidade auditiva.

Cando o noso sistema auditivo falla, a nosa percepción do mundo comeza a percibirse de forma distorsionada, os sons poden chegarnos a destempo, de forma desordenada ou repetitiva, ou mesmo con ruídos estraños ou como na maioría dos fallos máis comúns simplemente con diferente intensidade. Nunha primeira fase o noso cerebro sería capaz na súa gran maioría de compensar as distorsións, pero cuns efectos secundarios que co transcurso do tempo serian cada vez máis notorios, como por exemplo fatiga, fracaso escolar, déficit de atención, hiperactividade, etc.

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade