Área privada

Formación xurídica: Valoración, sistema prestacional e protección

Martes, 30 Abril de 2013 | Tags: Ceesg , diversidade funcional , servizos , formación

Dende a asesoría xurídica do colexio fan unha nova proposta formativa para educadoras e educadores sociais, que xira en torno a temas relacionados coa diversidade funcional, dedicando unha sesión á discapacidade, outra á incapacitación, e unha terceira á dependencia. Este novo ciclo de formación denomínase Valoración, sistema prestacional e protección.

Aínda que é recomendable asistir ás tres sesións para ter unha visión de conxunto, podes asistir ás sesións soltas. 

  • Discapacidade: 19 de abril
  • Incapacitación: 26 de abril
  • Dependencia: 3 de maio
  • Todas as sesións comezarán ás 17:30 h. na sede do Ceesg (Santiago) Actividade gratuita dirixida a persoas colexiadas.

    Hai unha web específica da Universidade Popular que trata sobre Dereito e Educación social, onde se irán subindo informacións relacionadas con estas e outras cuestións de interese, con enlaces á normativa e resumos dos contidos que se explican nestas sesións. Enlace á web

    INSCRICIÓN

    Para inscribirte, envía un email cos teus datos indicando as datas nas que asistirás, a asensucontrarioceesg@gmail.com

    Comentarios (0)

    O teu comentario (*) Campos obrigatorios
     
    cláusula de privacidade