Área privada

Formación Ceesg: O emprego con apoio e a figura do preparador/a laboral.

Mércores, 30 Xaneiro de 2013 | Tags: Ceesg , diversidade funcional , Emprego , formación

Proximamente terá lugar o curso de formación O emprego con apoio e a figura da/o preparadora/or laboral: unha inserción laboral real para todas/os.

Con esta acción formativa preténdese achegar ás persoas participantes á metodoloxía de emprego con apoio, aos colectivos destinatarios da mesma e aos profesionais que interveñen, resaltando o papel das educadoras e educadores sociais como un perfil óptimo para desenvolver o seu labor como prospector/a, preparador/a e formador/a laboral.

En definitiva, preténdese familiarizar ás/aos profesionais que traballan ou teñen interese neste ámbito cunha metodoloxía de inserción real na empresa ordinaria para colectivos en risco de exclusión  social e a empreguen na súa práctica profesional.

  • LUGAR: A Coruña. Facultade de Ciencias da Educación. Aula 0/1.
  • DATAS:  21, 22, 28 de frebreiro, 1 de marzo. Horario de tarde.
  • PREZOS:
    • Colexiadas/os e amigas/os do Ceesg: 45 €
    • Estudantes e desempregadas/os: 45 €
    • Outras: 85€ 

Descargar folleto

Inscrición no curso

Normativa de formación do Ceesg

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade