Área privada

A procesión do CAEE Santiago Apóstol

Mércores, 22 Decembro de 2010 | Tags: , diversidade funcional , educación especial

Os sindicatos UGT e CIG están a organizar unha campaña de mobilizacións pola defensa e o futuro do Centro de Atención e Educación Especial Santiago Apóstol. Segundo afirman, amortizaranse en principio 19 postos de traballo e planifícase a privatización do centro na atención aos usuarios maiores de 21 anos.

O próximo 23 de decembro convocan unha caravana de coches por distintas rúas de A Coruña para facer “A procesión do CAEE Santiago Apóstol”, á que animan a participar aos profesionais do centro e a toda a cidadanía preocupada pola situación.
 
Indican ademais que ás 10,15 horas hai que estar diante do centro Santiago Ápostol para preparar a saída ás 11 horas. Hai que adornar os coches e ter unha orde de saída.

Ver convocatoria da caravana de coches\"Ver

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade