Área privada

Oficina de asistencia xurídica á discapacidade

Venres, 21 Setembro de 2012 | Tags: diversidade funcional

A Fundación Gavela vén de poñer en marcha a Oficina virtual de asistencia xurídica á discapacidade, como un centro especializado de información e formación mediante a que dar resposta ás demandas de profesionais e da poboación en xeral, facilitar o exercicio das súas funcións e desenvolver a formación necesaria; todo iso mediante o exercicio de actuacións tanto grupales coma individuais, e con carácter gratuíto.

O servizo online de información, é un servizo de ámbito autonómico dirixido a resolver as demandas de información dos profesionais que na súa actividade profesional están vinculados á discapacidade, en maior ou menor grao, dende distintas áreas de actuación (servizos comunitarios ou específicos), de diversos perfís profesionais e de distintos ámbitos (tanto públicos coma privados).

Así mesmo vai dirixido tamén a calquera particular e/ou entidade que precise información.

Dende a súa posta en marcha, o pasado mes de xullo, xa foron moitas as persoas que demandaron información, tanto profesionais como particulares, familias e persoas afectadas.

A Fundación Gavela é unha entidade de ámbito autonómico de carácter asistencial, que naceu ao amparo da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais 'Morea'. 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade