Área privada

Asistimos á entrega do V Premio solidario de Ferrol

Martes, 11 Setembro de 2012 | Tags: Ceesg , diversidade funcional , premios , Actuacións

O Ceesg foi convidado e asistiu ao Acto de conmemoración do Día Internacional da Solidariedade, o día 6 de setembro, no que o Concello de Ferrol fixo entrega do seu V Premio Solidario. 

Deu a benvida o Alcalde de Ferrol, seguido dunhas palabas da Concelleira delegada da Area de Benestar Social, e diversas intervencións con motivo do Día Internacional da Solidariedade por parte dos/das representantes das entidades sociais.

Fíxose entrega de agasallos ás entidades que participaron no premio este ano e finalmente entregouse o Premio Solidario 2012. O galardón deste ano vai para Aspaneps, polo seu proxecto de sensibilización ante as discapacidades 'Ponte no meu lugar'.

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade