Área privada

Estudo de viabilidade para servizo de reparación, préstamo e aluguer de produtos de apoio.

Venres, 29 Xuño de 2012 | Tags: diversidade funcional , estudos

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) participa como socia no proxecto europeo PROXIMAMED, que busca coñecer a viabilidade da posta en marcha de servizos de reparación, préstamo, aluguer e venda de produtos de apoio (cadeiras de rodas, grúas, andadores, camas articuladas, etc.) de segunda man. Para isto, vai realizar un proxecto piloto no Concello de Santiago de Compostela.

Como fase inicial e fundamental deste proxecto é necesario coñecer as necesidades das persoas, organizacións e profesionais que empregan e/ou prescriben produtos de apoio, para o que se están empregando os seguintes cuestionarios:

  • Cuestionario para traballadoras/es sociais ou educadoras/es sociais.
    Número de cuestionarios a cubrir: 1 por cada traballadora/or social ou educador/a social.
  • Cuestionario a cubrir pola vosa organización como entidade que pode empregar ou doar produtos de apoio. 
    Número de cuestionarios a cubrir: 1 por cada entidade.
  • Cuestionario para as persoas clientes da vosa organización que empregaron ou empregan produtos de apoio e que son do Concello de Santiago de Compostela.
    Número de cuestionarios a cubrir:
    • Se prestades servizos a un número menor ou igual a 50 persoas que empregaron ou empregan produtos de apoio e que son do Concello de Santiago de Compostela: todas as persoas que empregaron ou empregan produtos de apoio: 1 cuestionario.
    • Se prestades servizos a un número entre 50 e menor ou igual a 200 persoas que empregaron ou empregan produtos de apoio e que son do Concello de Santiago de Compostela: mínimo 50 cuestionarios, aínda que cantos máis poidades cubrir mellor resultará o estudo: 2 cuestionarios.
    • Se prestades servizos a un número entre 200 persoas e menor ou igual a 500 persoas que empregaron ou empregan produtos de apoio e que son do Concello de Santiago de Compostela: mínimo 150 persoas, aínda que cantos máis poidades cubrir mellor resultará o estudo: 3 cuestionarios
    • Se prestades servizos a máis de 500 persoas que empregaron ou empregan produtos de apoio e que son do Concello de Santiago de Compostela: mínimo 300 cuestionarios, aínda que canto máis se poidades cubrir mellor resultará o estudo: 4 cuestionarios.

      Tal como podedes ver é prioritario que as persoas ás que lle pasades o cuestionario sexan do Concello de Santiago, pois é o Concello obxecto de estudo. De todas formas se non completades o mínimo dos cuestionarios con persoas que son do Concello de Santiago, podedes pasalo a persoas doutros concellos.
  • Cuestionario para profesionais da rehabilitación (terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, etc).
    Número de cuestionarios a cubrir: 1 por cada profesional.

Os cuestionarios cubertos deben enviarse a proxectos@cogami.es antes do día 15 de xullo. No caso de que prefirades imprimilos, cando os teñades cubertos enviade un e-mail a proxectos@cogami.es e dende Cogami pasarán a recollelos pola vosa organización. 

Para resolver calquera dúbida podedes contactar en proxectos@cogami.es ou ben no teléfono 981574698. (Preguntar por Charo, Catuxa ou Ana).

A colaboración é fundamental para que este proxecto resulte de proveito para todas as persoas que empregan ou poidan empregar produtos de apoio. 

NOTAS:

  • O formulario para traballadoras/es sociais ou educadoras/es sociais, indica no encabezamento "Traballadoras/es sociais", pero pode ser cuberto por educadoras/es sociais. Neste caso, a educadora que encha o formulario, debe modificalo (onde pon Traballador/a social, indicar "Educador/a social"). O mesmo cos profesionais de rehabilitación.
  • É moi importante que as persoas que o enchan residan/traballen/reciban o servizo no Concello de Santiago.

Ver presentación do proxecto

DESCARGA DE CUESTIONARIOS:

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade