Área privada

XV Premio Jaime Albert Solana

Mércores, 20 Xuño de 2012 | Tags: premios , saúde mental

Este premio convocado por FEAFES recoñece de forma pública dende hai 14 anos o labor realizado por institucións e particulares en canto a accións e investigacións que favorecen o coñecemento da enfermidade mental no campo sanitario, social, laboral e/ou legal así como que propician a mellora da imaxe social das persoas con problemas de saúde mental. Nesta ocasión, o Premio recoñecerá aqueles proxectos de investigación enfocados á recuperación das persoas con enfermidade mental.

Poderán optar a este premio, as persoas físicas ou xurídicas, institucións científicas ou académicas, autoras de calquera proxecto, estudo ou actuación realizados que contribúan á recuperación das persoas con enfermidade mental en tanto promovan o seu empoderamiento e a construción dun proxecto de vida autónoma.
O premio terá unha dotación económica de 6.000 euros.

Máis información na web de FEAFES

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade