Área privada

Dereitos Sociais: da centralidade do emprego á centralidade da vida.

Martes, 24 Abril de 2012 | Tags: dereitos , formación

Os vindeiros 27 e 28 de abril,  na cidade de Compostela, desenvolveranse as xornadas de formación e debate "Dereitos Sociais, da centralidade do emprego á centralidade da vida" que a CUT, a Cordinación de Loitas Baladre e a Oficina de Dereitos Sociais de COIA (ODS Coia), botaron a andar nos arredores do vindeiro primeiro de maio, día internacional da clase traballadora.
Estas xornadas queren poñer a énfase no "empeoramento das condicións de vida da clase traballadora e dos sectores populares, e o agravamento das situacións de exclusión, represión e control social".

O programa de actividades e foros comeza o 27 de abril, ás 16:00 no Centro Social Gentalha do Pichel (Santa Clara nº21) . Logo dunha breve presentación, Diego Lores introducirá a "Realidade dos dereitos sociais en Galiza", seguido ás 17.30 horas de Manolo Bayona, coa sesión "A Renda básica da iguais (RBIs) como ferramenta de transformación social".

No mesmo Centro Social, o 28 de abril, ás 16.00 horas, Alicia Alonso colocará o tema "Mulleres presas, dobremente excluídas, dobremente penadas" e ás 17.15 horas, Manolo Cañada  explicará a ILP extremeña pola RBIs na palestra "Facendo poisíbel o necesario: ILP pola RBIs en Extremadura".

Xa no Café-Bar As Dúas, na Ruela da Oliveira s/n, o mesmo autor, Manolo Cañada presentará o seu libro "La huelga más larga", da asemblea de xeseiros e escaiolistas de Badaxoz.

PROGRAMA:

VENRES 27 Abril CS O Pichel

16:00 ás 16:30hs. Prsentación

16:30 ás 17:15hs. Realidade dos dereitos sociais na Galiza. Diego Lores (ODS Coia, Vigo)

17:30 ás 19:30hs. Rbis como ferramenta de transformación social. Manolo S. Bayona (Baladre)

SÁBADO 28 Abril CS O Pichel

16:00 ás 17:15hs. Mulleres presas: dobremente excluídas, dobremente penadas (Alicia Alonso, grupo baladrinas Valladolid)

17:15 ás 18:00hs. Facendo posíbel o necesario: ILP pola Rbis en Estremadura (Manolo Cañada, Colectivo La Trastienda, Mérida)

19:00hs. Café Bar As Dúas
Presentación do libro “La huelga más larga” (Asemblea de xeseiros e escaiolistas de Badaxoz, J. Vega, M. Cañada). Ed. Baladre, Zambra, 2011. “Estas páxinas falan da loita dos xeseiros de Badaxoz, da súa folga insólita e da súa resistencia posterior durante 23 anos. Unha folga que comenzou o 10 de agosto de 1988 e rematou o 4 de enero de 1989(...) Esta revolta obreira foi un deses acontecementos que saen do redil establecido polos poderes, unha desviación do curso natural da obediencia”.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade