Área privada

Proxecto ANDURIÑA, de apoio ás asociacións de mulleres do concello de Ourense.

Martes, 24 Abril de 2012 | Tags: proxectos

Este proxecto pretende apoiar e complementar o traballo que de por si realizan estas entidades, e entre os servizos que XARELA oferta están, a realización de tarefas de información sobre os recursos existentes para as mulleres e as súas familias, accións de acompañamento social, de apoio psicolóxico e de inclusión sociolaboral, no que se inclúen actuacións dirixidas á formación e información para o mundo laboral e de formación en competencias persoais e sociais.

Este proxecto espérase complementar con actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, coa realización de varias accións formativas, e coa cesión de varios equipos informáticos a outras tantas asociacións de mulleres, coa finalidade fundamental de achegar as N.N.T.T. e facilitar tanto a busca activa de emprego como a realización de trámites na internet.

Para máis información, contactar con Xarela: www.xarela.org

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade