Área privada

Laborando 2. Feira de Proxectos de Vida feminista.

Luns, 16 Novembro de 2020 | Tags: Feminismo , feira

O 15 de novembro comezou a Feira Laborando 2, de proxectos de vida feministas, que se desenvolverá de xeito virtual ata o 30 de novembro.

As persoas visitantes terán acceso libre á plataforma web con información das feirantas e os seus proxectos, sobre a feira e a programación de obradoiros, palestras e outras actividades organizadas por Aselafem e as participantes na feira.

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) patrocina a xornada de inauguración do Laborando 2. Feira de Proxectos de Vida feminista.

Por que patrocinar o Laborando 2?

A Educación Social xoga un papel fundamental no desenvolvemento de comportamentos críticos ante as violencias e é transmisora de mensaxes a prol doutro mundo sen machismos nen patriarcados. Consideramos que este espazo de encontro é necesario para a sensibilización o empoderamento e a sororidade. A Educación Social será feminista ou non será.

Ir á web da Feira

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade