Área privada

Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo

Mércores, 11 Novembro de 2020 | Tags: igualdade , Guia , xunta

A Xunta de Galicia acaba de publicar a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo, aprobada en 2019 polo pleno do Observatorio Galego de Violencia de Xénero. Na elaboración desta guía participou o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia a través do grupo de traballo Fiadeiras.

Segundo o Decreto 99/2012 de Servizos sociais, o Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) é unha figura de prevención deste tipo de situacións. As educadoras e educadores sociais e as psicólogas e psicólogos nos servizos sociais comunitarios actúan como figuras de referencia cos centros escolares nas situacións de vulnerabilidade, situacións das que se derivan casos de violencia de xénero. Os centros escolares e os SEAF, por tanto, deben funcionar de xeito coordinado nas situacións de posible risco para os nenos e as nenas proporcionando apoios estables no tempo.

Se a derivación dende o inicio se realiza con figuras que van ter presenza continuada na intervención socioeducativa como son as e os Educadoras/es Sociais e Psicólogas/os dos SEAF poderase favorecer que dende o principio destas intervencións se valore a continuidade coa figura que pode traballar de xeito integral.

Enlace á guía

Enlace á nova publicada na web da Xunta

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade