Área privada

Webinar: A educación social coas persoas maiores en tempos de pandemia.

Luns, 16 Novembro de 2020 | Tags: formación , webinar

Un dos colectivos que está a sufrir con maior incidencia as consecuencias da pandemia por COVID-19 é o das persoas maiores, tanto as que permanecen en domicilio coma as que viven nun recurso residencial.

A dramática incidencia da enfermidade entre as persoas maiores; o número de mortes que se dan por esta causa nesa franxa de idade, a interrupción das terapias e intervencións nas que participaban en centros de día ou sociocomunitarios e a consecuente afectación cognitiva e física, son algúns dos aspectos negativos que sofren as persoas maiores a raíz da pandemia.

Esta crise puxo en evidencia as carencias do sistema sociosanitario, que precisa con urxencia dun cambio de modelo para adaptalo ás necesidades reais das persoas maiores.

A través deste webinar abordaremos como está afectando a pandemia ás persoas maiores en entornos residenciais, centros de día e a nivel comunitario; formularemos os retos que se presentan neste momento para a atención óptima ás persoas maiores e analizaremos o modelo cara o que temos que camiñar na acción profesional multidisciplinar.

Data: 13 de novembro.

Xornada gratuíta, previa inscrición.

Enlace a formulario de inscricións


Dirixida a: profesionais relacionadas/os co traballo con persoas maiores.

Comentarios (10)

1 | Milagros López Aldama - Luns, 09 Novembro de 2020 ás 16:47

Me gustaría poder participar en esta webinar. Muchas gracias

2 | Marta - Martes, 10 Novembro de 2020 ás 12:17

Hola! Me gustaría saber el idioma de la webinar. Gracias

3 | Mónica Seoane - Martes, 10 Novembro de 2020 ás 17:32

Gustaríame poder participar

4 | Bienve - Martes, 10 Novembro de 2020 ás 21:30

Buenas, Estoy interesada en participar , pero también me gustaría saber el idioma en que se realizará. Muchas gracias.

5 | Ainhoa Villegas - Martes, 10 Novembro de 2020 ás 22:53

Me gustaría participar en esta webinar! Muchas gracias!

6 | Ceesg - Mércores, 11 Novembro de 2020 ás 08:20

Ola! Para participar hai que cubrir o formulario de inscrición que aparece na noticia. Copiamos aquí enlace directo tamén: https://legalmit.com/webinar-ceesg/ O webinar será en castelán.

7 | Miriam - Xoves, 12 Novembro de 2020 ás 11:57

Hola, me apunte hace unos días y no he recibido nada. Hay correo de confirmación, es el propio día o es que no me han cogido? Gracias de antemano

8 | Ceesg - Xoves, 12 Novembro de 2020 ás 14:49

Bo día, Miriam O correo de confirmación enviarase esta tarde

9 | Estela - Xoves, 12 Novembro de 2020 ás 20:55

Boas, apuntamonos eu e unhas compañeiras mais fai uns días e ainda non nos chegou nada. Grazas de anteman.

10 | Ceesg - Venres, 13 Novembro de 2020 ás 10:16

Estela, foiche enviado o enlace unirte á sesión. Revisa a carpeta de SPAM por si acaso

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade