Área privada

Invernada de cine de Cabreiros 2020

Luns, 09 Novembro de 2020 | Tags: colaboración

A invernada de cine de Cabreiros comezou esta fin de semana, contando co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia na súa inauguración.

Este ano é necesario anotarse previamente.

A pesar da complicada situación, a organización deste evento continúa con gañas e ilusión para poder levar adiante esta VIII edición da Invernada de Cine.Todas as sesións estarán realizadas baixo as medidas sanitaras e de prevención necesarias nestes tempos e con aforo limitado, por iso haberá que reservar praza para cada sesión cunha semana de antelación nos seguintes teléfonos: 686 104 780  ou  606 282 251

A primeira xornada visionouse 'O empalme. Unha historia rural colectiva'. O 7 novembro foi quenda para 'O latexo do tempo humano'. E estas son as seguintes citas que nos esperan:

  • O que arde, con Oliver Laxe. 21 de novembro ás 18:30 h.
  • O país da Moura. 5 de decembro ás 18:30 h.
  • A fraga do meu avó, con Mamá Cabra. 19 de decembro ás 18:30 h.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade