Área privada

Formación: Obradoiros sobre familias reconstituídas e mediación con familias con adolescentes

Xoves, 05 Novembro de 2020 | Tags:

No mes de novembro terán lugar dous obradoiros gratuítos dirixidos a profesionais, sobre familias reconstituídas e sobre mediación con familias con fillas/os adolescentes.

Ambos serán impartidos pola UNAF (Unión de Asociacións Familiares), unha ONG dedicada á defensa e a promoción dos dereitos das familias desde 1988 e pioneira da mediación familiar en España, tanto na atención de persoas que demandan a mediación como forma de xestión dos conflitos familiares, coma na formación e capacitación de mediadoras e mediadores familiares.

Estes obradoiros están subvencionados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

Estes obradoiros xa foron impartidos o ano pasado na sede do Ceesg, mais este ano, adaptándose á realidade actual, ofrécense de xeito telemático.

Obradoiro ‘Familias reconstituídas. Un novo mapa de funcionamento’

4 de novembro, de 16:00 a 18:00 h.

Información detallada.

Formulario de inscricións.

Inscrición gratuíta (prazo ata 1 de novembro)

Obradoiro ‘Axudando ás familias a medrar ben. Mediación con familias con fillas/os adolescentes’

11 de novembro, de 16:00 a 18:00 h.

Información detallada.

Formulario de inscricións.

Inscrición gratuíta (prazo ata 8 de novembro)

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade