Área privada

Formación: Detección e Intervención en casos de discriminación por racismo ou xenofobia

Luns, 09 Novembro de 2020 | Tags: formación , colaboración , racismo

Un dos traballos a desenvolver polas persoas profesionais do ámbito social, pasa por recoñecer e denunciar aquelas situacións de vulneración de dereitos nas que nos vemos envoltas no día a día laboral. Esta actividade formativa, impartida por SOS Racismo, está dirixida a profesionais ou futuras/os profesionais do eido social para facilitar pautas que axuden a detectar a vulneración de dereitos nos procesos cotiáns, así como as diferentes ferramentas que temos a noso alcance como profesionais para intervir e/ou denunciar.

Data: 18 de novembro.

Horario: 11:30 a 14:00 h.

Persoas destinatarias: educadoras e educadores sociais colexiadas do Ceesg, así como estudantes ‘amigas/os do Ceesg’

Inscrición: gratuíta. Necesario inscribirse previamente enviando a servizos.colexiais@ceesg.org os seguintes datos: nome, apelidos, nº de colexiada/o ou de amiga/o. Prazo ata o 15 de novembro.

Información básica sobre protección de datos de carácter persoal 

Responsable Identidade : Colexio Oficial de Educadoras e Educadoras Sociais de Galicia / CIF:  Q1500270B
Dirección: Rúa Lisboa, 20 -baixo C, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981552206  / Correo electrónico: ceesg@ceesg.org
DPO: Cecilia Barros Díaz / Correo electrónico: dpo@protexdat.com
Finalidades Xestión e control da actividade formativa á que solicitas participar, así como os demais trámites derivados da mesma.
Lexitimación RGPD: art. 6.1. Consentimento del interesado, execución de un contrato.
LO 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servicios da sociedade de la información e de comercio electrónico
Colectivo Educadoras e educadores sociais que soliciten participar no curso organizado polo Ceesg.
Categorías de datos Datos identificativos, datos profesionais, número de persoa colexiada.
Cesións O nome e DNI será cedido a SOS Racismo como organizadora da formación para a emisión dos certificados de participación. Non haberá outras cesións salvo consentimento expreso ou as excepcións previstas pola normativa vixente. 
Dereitos Acceso, rectificación, supresión e dereito ao esquecemento, limitación do tratamento, portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD e non ser obxecto de elaboración de perfiles. Dereito a revocar o consentimento prestado.
Máis info

Pode consultar máis información neste enlace.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade