Área privada

Comunicado do grupo Miolo polo Día Mundial da Saúde Mental (10 de outubro)

Mércores, 14 Outubro de 2020 | Tags: comunicado , Grupos de Traballo , saúde mental , miolo

Sen dúbida, este ano marcado por cambios, incerteza, medo e ansiedade, fainos non poder deixar no esquecemento a importancia da nosa saúde mental.

Por iso, dende o grupo de saúde do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais, neste 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, queremos facer unha chamada á necesidade de aumentar a atención nesta área. Unha atención para todas, que debe ser global, sen sufrir a precariedade e o deterioro que vimos tendo dende hai moito tempo.

Necesitamos solucións estruturais para as problemáticas actuais, entre as que se atopan un aumento no número de suicidios, máis crises de ansiedade, diagnósticos a idades cada vez máis temperás e un longo etcétera.

Que solucións podemos dar ao respecto as Educadoras Sociais? Colectivamente, dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia seguimos insistindo na necesidade de contemplar o perfil das Educadoras Sociais no ámbito de saúde mental, tanto en entidades de carácter privado -como levamos realizando dende hai anos-, como no ámbito público. Requirir que a nosa figura profesional estea presente no plan de saúde mental, cuxo borrador foi presentado este ano. Finalmente, dende os nosos diferentes postos de traballo e dende a nosa calidade de profesionais e cidadáns, levar a cabo unha das ferramentas máis prestixiosas do eido socioeducativo: a prevención.

Así que ti, Educadora Social, que estás lendo isto, desfruta do día da saúde mental, sempre e máis agora, con precaución... autocoidándote, dende o benestar e previndo!


Grupo Miolo sobre Educación Social e Saúde
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

10 de outubro 2020

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade