Área privada

#EdusoMes. TFG. Aproximación ao coñecemento interprofesional da intersexualidade

Xoves, 15 Outubro de 2020 | Tags: concurso , publicación , tfg , DIES , edusoday , tfg.eduso


Aproximación dende a Educación Social ao coñecemento interprofesional da intersexualidade.

Vanesa Cobelas Díaz

Traballo gañador do 5º Concurso TFG.eduso, modalidade Educación Social EScondida.

Universidade de Vigo (Campus de Ourense).

Resume do traballo:

Este estudo formulouse co obxectivo de coñecer a realidade intersexual dende unha perspectiva teórica e interprofesional para identificar que se coñece desta realidade e que actitudes y crenzas aínda están presentes en diferentes profesións, que dunha forma directa ou indirecta teñen implicacións na realidade das persoas intersexuais, e de forma específica identificar o papel que pode xogar en favor da visibilización e integración a Educación Social. Para realizar esta investigación utilizouse unha metodoloxía cualitativa de entrevistas semi-estruturadas a seis profesionais do ámbito da medicina, do dereito, da educación e de forma específica da Educación Social, toda elas/es con relevantes responsabilidades nas súas profesións. Os resultados deste estudo confirman que aínda hai un gran descoñecemento sobre a realidade intersexual, ata o punto que en moitos casos séguese tratando como unha patoloxía que hai que corrixir. Tamén dos resultados da investigación confírmase o papel relevante que a figura do/a educador/a social ten para mudar esta situación e contribuír a unha maior visibilización e integración das identidades intersexuais na nosa sociedade.

 

A publicación íntegra estará dispoñible na web do Ceesg a partir do 30 de outubro de 2020

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade