Área privada

Quinto aniversario da Axenda 2030

Venres, 25 Setembro de 2020 | Tags:

Hoxe é o quinto aniversario da Axenda 2030, un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade que tamén ten a intención de fortalecer a paz universal e o acceso á xustiza, establecendo os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible (ODS)

A Unión Profesional, á que pertence o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) adoptou estratexicamente aqueles ODS que inciden no compromiso das profesións coa erradicación das desigualdades (ODS 10), así como na obriga de cultivar organizacións colexiais fortes (ODS 16), institucións robustas que sustenten a sociedade e tezan por medio de alianzas estratéxicas (ODS 17) un tapiz de profesións diverso e compacto.

Ver información detallada

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade