Área privada

Xornada: Educación Social e adiccións

Luns, 31 Agosto de 2020 | Tags: adiccións , formación , xornada

O grupo de traballo Miolo, sobre Educación Social no ámbito da saúde, organiza en colaboración da Universidade da Coruña a xornada 'Educación Social e adiccións. Experiencias socioeducativas en Galicia' que terá lugar na Coruña o día 23 de outubro, con posibilidade de participación virtual.

Esta xornada está dirixida tanto a profesionais de centros de atención a persoas con adiccións como a estudantes e voluntariado con interese por este ámbito. Pretende difundir e poñer en valor as experiencias que se están a levar a cabo no ámbito das adiccións en Galicia, crear ou fortalecer redes entre as entidades que traballan neste eido en Galicia, así como destacar a importancia da profesión de Educación Social e do labor socioeducativo neste ámbito.

Ver programa e información detallada


INSCRICIÓNS:

Pódese facer inscrición para participar presencialmente ou de xeito virtual. A participación na sesión da tarde só poderá ser presencial.

O prazo de inscricións estará aberto ata o 19 de outubro.

Descargar ficha de inscriciónppp

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade