Área privada

Programas de cooperación para entidades sen ánimo de lucro

Martes, 18 Agosto de 2020 | Tags: Emprego

A Xunta convocou recentemente a convocatoria de subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación en entidades sen ánimo de lucro.
As entidades beneficiarias poderán financiar a contratación de persoal a tempo completo durante nove meses.

Se traballas nunha entidade sen ánimo de lucro dirixida a desenvolver accións específicas para a inserción das persoas con diversidade funcional, en risco de exclusión social, servizos comunitarios, igualdade, maiores, familia, infancia, menores ou mulleres, pode ser esta unha oportunidade para reforzar o persoal educador social da entidade. A selección do persoal poderá facerse mediante unha oferta de emprego específica presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia ou por selección directa da entidade, previa publicación no Portal de Emprego de Galicia (https://emprego.xunta.gal), sendo compatibles entre si. O prazo de solicitudes está aberto ata o 14 de setembro.

Se estás á procura de emprego, ten en conta que é requisito para estas contratacións estar inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupada/o e estar dispoñible para o emprego.

Ver información detallada no DOG.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade