Área privada

Enlace para a presentación da nova eduso.net

Mércores, 10 Xuño de 2020 | Tags: educación social , cgcees , Comunicación

O CGCEES vén anunciando dende hai uns días unha sorpresa especial: a estrea da nova web eduso.net. Un espazo que leva 20 anos constituíndo unha rede de información, coñecemento, diálogo e apoio para entidades e persoas relacionadas coa Educación Social, e que agora se renova, para afianzarse como referencia en internet para as e os profesionais, poñendo en valor o traballo en equipo, e achegando unha maior visibilización da profesión. En definitiva, para seguir fortalecendo a profesión de Educación Social.

A presentación será esta tarde en directo a través da canle de Youtube do CGCEES.

Enlace de acceso: https://youtu.be/ITUIfujvlvU

Hoxe, 10 de xuño ás 17:00 h.

 

Comentarios (1)

1 | Natalia - Mércores, 10 Xuño de 2020 ás 17:36

Parabéns pola nova web eduso.net

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade