Área privada

Cobro de cota colexial. Prazo de solicitude de cota reducida.

Martes, 30 Xuño de 2020 | Tags:

A finais do mes de xullo pasarase o cobro de cotas colexiais (correspondente ao segundo semestre 2020)

Recordamos que existe a posibilidade de beneficiarse de cotas reducidas (por desemprego, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas)

Quen queira acollerse a este tipo de cotas, debe presentar a documentación pertinente ata o día 8 de xullo. A confirmación da correcta recepción da documentación farase entre os días 9 e 17 de xullo.

  • No caso de desemprego, tarxeta de demandante de emprego actualizada.
  • No caso de salario inferior ao mínimo, informe de bases de cotización da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Para outras posibles situacións, consultar co Ceesg.

Se no cobro anterior non te beneficiaches de desconto, recorda enviar xunto coa documentación xustificativa a solicitude de cota semestral bonificada

A documentación pode achegarse por correo-e a ceesg@ceesg.org.

(ESTE É UN AVISO XERAL. SE XA ENVIACHES A DOCUMENTACIÓN NON FAI FALTA QUE VOLVAS ENVIALA. CONFIRMARASE A RECEPCIÓN ENTRE OS DÍAS 9 E 17 DE XULLO)

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade