Área privada

O futuro constrúese agora

Venres, 08 Xaneiro de 2010 | Tags: diversidade funcional

Algúns pais de nenas e nenos con diversidade funcional organizáronse para comezar a pedir firmas e enviar e-mails a representantes políticos e organizacións varias.
A finalidade: facer valer a súa voz explicando que o Pacto de Estado pola Educación “os esqueceu” e mencionar as propostas para que se cumpran as necesidades educativas especiais que teñen os alumnos con diversidade funcional, seguindo os principios de Inclusión Educativa que se desprenden da Convención da ONU dos dereitos das persoas con discapacidade.

Como colaborar:

Creouse unha carta na que se pide a firma de todos os cidadáns que desexen colaborar, se están conformes co que nela se reclama e denuncia:
Ir á páxina

Ademais creouse un grupo aberto en Facebook, que apoia esta iniciativa:
Ir á páxina

Dentro do blog elaboráronse unha serie de cartas modelo e facilítanse os emails das persoas ás que poden ser dirixidas:
Ir á páxina

Un blog dunha mami audaz onde tedes todos os enlaces tamén colocados por se hai algún fallo:
Ir á páxina

O Futuro constrúese Agora!

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade