Área privada

Estudio sobre a COVID e a situación laboral da Educación Social

Venres, 24 Abril de 2020 | Tags: Emprego , universidade , colaboración , coronavirus , covid-19 , estudo

Investigadores da Universidade de Burgos están realizando un estudo para coñecer o impacto da situación actual de crise sanitaria nos e nas profesionais da educación social.

Xa teñen datos suficientes para poder realizar unha análise a nivel estatal e para algunhas comunidades autónomas. Pero Galicia é unha desas comunidades para as que non contan cunha mostra suficiente para facer unha análise por separado, e pídennos difusión para darlle un impulso ao número de participantes no noso territorio.

Trátase de que profesionais da Educación Social cubran un breve cuestionario anónimo, para o que se estima un tempo de resposta inferior a 5 minutos.

Cuestionario: https://bit.ly/COVID_EDUSOCIAL

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade