Área privada

Novo Grupo de Traballo: Educación Familiar

Xoves, 15 Setembro de 2011 | Tags: Ceesg , familias

Desde a área de desenvolvemento profesional do Ceesg estamos impulsando a posta en marcha de Grupos de traballo nos diferentes ámbitos profesionais. En breve, iniciaremos a creación dun grupo de traballo no ámbito de familias e infancia (educación familiar). Temos numerosos temas por diante de interese nos que acordar unha posición común e ser máis fortes ante as instancias e organismos con competencias neste ámbito:

  • Informe socioeducativo
  • Acceso Matiass
  • Acceso SIUSS
  • Instrumentos de traballo
  • Promoción de Boas prácticas
  • Proxecto de Lei de familia
  • Proxecto de Decreto de servizos sociais comunitarios


É por iso convocamos unha xuntanza que terá lugar o sábado 10 de setembro ás 11,00 horas na sede do Ceesg, onde analizaremos a posibilidade de creación deste novo grupo de traballo, coa seguinte orde do día:

  1. Que é un grupo de traballo do Ceesg.
  2. Regulamento de funcionamento dos grupos de traballo: documentos que cómpre ter preparados a fin de ano.
  3. Organización e definición da comunicación no grupo de traballo.
  4. Calendario de actuacións outubro-decembro 2011

Nós, educadoras/es sociais, podemos facer moito coa nosa iniciativa e compromiso postos en común e unidos nun grupo de traballo que faga propostas e actuacións formativas, reivindicativas e de sensibilización que potencien e incrementen as boas prácticas e os recursos para mellorar na calidade de vida das familias e as infancias en dificultade social.

Comentarios (5)

1 | maría jesus segade conde - Xoves, 04 Agosto de 2011 ás 13:32

Ola, gustaríame participar neste grupo de traballo. É necesario inscribirse??? pódese facer a traverso da rede??? Graciñas

2 | Isabel Taboada - Luns, 22 Agosto de 2011 ás 12:38

Ola Chus, Son Isabel Taboada, como estás? Penso que non é necesario que te inscribas, se podes acudir a esa primeira xuntanza sería estupendo. O grupo sobre todo o promove, Eva, a que era coordinadora de Tecendo Redes, pero eu tamén tiña pensado participar. Eu o sábado 10 de setembro non estou en Galicia, pero enviarei un correo para informarme. Moitos bicos e apertas, estamos en contacto. Isa

3 | Laura Varela - Luns, 29 Agosto de 2011 ás 14:49

Ola! Estupenda a iniciativa deste grupo de traballo!!. A min tamén me gustaría participar. Se non é preciso inscribirse, contade comigo para a xuntanza do día 10. Unha aperta

4 | Eva López - Martes, 06 Setembro de 2011 ás 22:33

Pois xa somos 10 inscritas. As que faltades animádevos, que aínda queda tempo. Isa, unha pena que non esteas por aqui. Xa te contaremos e ao resto, vémonos o sábado ás 11,00h. Apertas.

5 | Teresa Gutiérrez Manjón - Luns, 24 Outubro de 2011 ás 10:08

Hola compañeras: soy Teresa Gutiérrez Manjón. También estoy interesada en participar en este grupo de trabajo, y, aunque tengo una escasa disponibilidad para reuniones, estaría interesada en hacerlo, en la medida en que pueda y a ser posible vía web. Un saludo.

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade