Área privada

Xornada: Educación Social e adiccións (nova data)

Venres, 12 Xuño de 2020 | Tags: formación

ACTUALIZACIÓN: Nova data para celebración da Xornada: 23 de outubro. Tras a cancelación sufrida por mor da emerxencia sanitaria, mantéñense as inscricións previstas e permanece aberto o prazo para novas inscricións, tendo en conta que a sesión da tarde está completa.

---

O grupo de traballo Miolo, sobre Educación Social no ámbito da saúde, organiza en colaboración da Universidade da Coruña a xornada 'Educación Social e adiccións. Experiencias socioeducativas en Galicia'.

Esta xornada está dirixida tanto a profesionais de centros de atención a persoas con adiccións como a estudantes e voluntariado con interese por este ámbito. Pretende difundir e poñer en valor as experiencias que se están a levar a cabo no ámbito das adiccións en Galicia, crear ou fortalecer redes entre as entidades que traballan neste eido en Galicia, así como destacar a importancia da profesión de Educación Social e do labor socioeducativo neste ámbito.

O prazo de inscricións estará aberto ata o 19 de outubro.

Ver programa e información detallada.

 

Comentarios (3)

1 | Laura Muiños Adán - Mércores, 17 Xuño de 2020 ás 18:17

Gustaríame participar na xornada de Educación Social e adicións que se celebrará o vindeiro 23 de outubro. O principal motivo é a interese que xera en min este tema e por iso me gustaría poder aprender máis sobre este.

2 | Paula Meilán Rodríguez - Xoves, 18 Xuño de 2020 ás 04:04

Inscríbome na xornada de Educación Social e adiccións do 23 de Outubro de 2020.

3 | Ceesg - Xoves, 18 Xuño de 2020 ás 08:03

Para inscribirvos tedes que enviar os vosos datos (nome, apelidos, email, teléfono e dni) por correo-e ao enderezo que se indica. Saúdos

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade