Área privada

Anuncio de novo Colexiado de Honra no Ceesg

Martes, 11 Febreiro de 2020 | Tags: colexiado de honra , distinción

Onte, 22 de xaneiro, coincidindo co 19º aniversario do Ceesg, tivemos a ledicia de anunciar o nomeamento como Colexiado de Honra de 

Alberto Fernández de Sanmamed Santos

Con máis de trinta anos de exercicio profesional no ámbito da protección á infancia, estivo implicado na Educación Social organizada dende os seus primeiros pasos.

Presidente da Asociación de Educadoras/es Sociais de Galicia entre 1999 e 2000.

Presidente da Comisión Xestora do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia entre 2001 e 2003.

1º Presidente do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, entre 2003 e 2007.

Presidente da Comisión Xestora do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadoras Sociais (CGCEES), en 2007.

1º Presidente do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, dende 2007 a 2014.

Presidente Honorífico do CGCEES dende 2014.

Distinguido pola Unión Profesional pola súa consolidada e excelente traxectoria, en 2017.

E dende agora tamén, Colexiado de Honra do Ceesg.

Concédeselle este recoñecemento polo seu labor divulgativo da profesión de Educación Social, polo seu relevante papel na creación deste colexio profesional e a súa implicación amosada dende o inicio do Ceesg -estando á súa fronte-, ata a actualidade –como colexiado colaborador en múltiples iniciativas-. Polas súas valiosas contribucións ao desenvolvemento da nosa profesión, Alberto únese así aos outros Colexiados e Colexiadas de Honra do Ceesg, que seguen exercendo como embaixadoras/es desta profesión por onde van: Xosé M. Cid, Mariló Candedo, Ana Iglesias e Suso Rodríguez.

Na próxima xornada asemblearia do Ceesg, que se celebrará o vindeiro 28 de febreiro terá lugar un acto público de nomeamento.

Alberto Fernández de Sanmamed Santos

Colexiado de Honra do Ceesg

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade