Área privada

Situación do grao de Xestión Cultural na Universidade de Santiago

Hai unhas semanas, informamos da futura implantación dun novo título de grao denominado 'Xestión Cultural' por parte da Universidade de Santiago, así como das alegacións que dende o Ceesg fixemos á memoria de verificación do mesmo, ao entender que debería modificarse a denominación do título para evitar posibles confusións co campo profesional da xestión cultural e a animación sociocultural. Pois os contidos que se recollen no plano de estudos de dito título están principalmente vinculados coas áreas humanística, do patrimonio e das industrias culturais, sen dúbida necesarias, pero en absoluto únicas no exercicio profesional da xestión cultural.

Tras recibir a resposta por parte da Universidade (enlace), na que se desestiman as nosas peticións, informamos a todo o colectivo colexial. O grupo de traballo de Animación Sociocultural e Xestión Cultural vai continuar traballando neste tema, así como na convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para a contratación ou mantemento de persoal de xestión cultural e animación sociocultural, polo que as colexiadas e colexiados que traballen no eido da animación sociocultural que teñan interese nestes asuntos, poden escribir ao Ceesg [servizos.colexiais(arroba)ceesg.org] para entrar en contacto co grupo de traballo.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade