Área privada

Formación Ceesg: Educación Social e saúde mental colectiva.

Mércores, 25 Setembro de 2019 | Tags: saúde , formación , saúde mental , miolo

Malia as evidencias científicas dispoñibles que demostran a multicausalidade e complexidade dos factores que interveñen na aparición do malestar psíquico, o noso sistema de saúde mental continúa, na actualidade, marcado por un modelo de atención de signo fundamentalmente biomédico.

Neste escenario compre recoñecer as achegas realizadas non só por parte das ciencias sociais (antropoloxía, socioloxía, pedagoxía, etc.) senon tamén, por parte das persoas afectadas polo sufrimento mental e os seus entornos.

O desafío desta formación consiste, por tanto, en pensar un tipo atención dialóxica, simétrica e multicausal que combine diferentes saberes (científico-técnicos e profanos) e estratexias, en pro da dignidade e autonomía de quen experimenta a loucura en primeira persoa, así como da xustiza social para todas e todos.

Onde: En Santiago de Compostela, na sede do Ceesg (ver ubicación)

Cando: Os venres 4, 11, 18 e 25 de outubro, de 16:00 a 21:00 h.

Prazos inscrición: Ampliado ata o 2 de outubro.

Ver información detallada do curso

Formulario de inscrición

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade