Área privada

Obradoiros gratuítos: familias reconstituídas e mediación con familias con adolescentes

Xoves, 22 Agosto de 2019 | Tags: familias , infancia , formación , mediación , adolescencia , obradoiros

O vindeiro 20 de setembro terán lugar na sede do Ceesg, en Santiago de Compostela, dous obradoiros gratuítos dirixidos a profesionais, sobre familias reconstituídas e sobre mediación con familias con fillas/os adolescentes.

Ambos serán impartidos pola UNAF (Unión de Asociacións Familiares), unha ONG dedicada á defensa e a promoción dos dereitos das familias desde 1988 e pioneira da mediación familiar en España, tanto na atención de persoas que demandan a mediación como forma de xestión dos conflitos familiares, coma na formación e capacitación de mediadoras e mediadores familiares.
 
Estes obradoiros están subvencionados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

Ambos obradoiros se desenvolverán o día 20 de setembro na sede do Ceesg (ver ubicación), nos seguintes horarios:

  • Obradoiro ‘Familias reconstituídas. Un novo mapa de funcionamento’: de 11:00 a 14:00 h.
    Ver información detallada.
  • Obradoiro ‘Axudando ás familias a medrar ben. Mediación con familias con fillas/os adolescentes’: de 16:00 a 20:00 h.
    Ver información detallada.

A inscrición en calquera dos obradoiros é gratuíta, podendo asistir a un só ou a ambos. É necesaria inscrición previa. A adxudicación de praza farase por orde de inscrición, con prioridade para as persoas colexiadas ou amigas do Ceesg. Prazo de inscrición ata o día 10 de setembro. O día 11 de setembro confirmarase por email ás persoas que solicitaron a inscrición a dispoñibilidade de praza.

Formulario de inscrición

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade