Área privada

Defensa da profesión. Alegacións ao grao de Xestión Cultural

Á vista do borrador da memoria de verificación do Grao de Xestión Cultural que a Universidade de Santiago vai implantar no Campus de Lugo, dende o Ceesg fixemos alegacións entendendo que os contidos substanciais que se recollen no plano de estudos están principalmente vinculados coas áreas humanística, do patrimonio e das industrias culturais, moi respectables e sen dúbida necesarias, pero en absoluto únicas no exercicio profesional da xestión cultural. 

Por este motivo, solicitamos que se axuste a denominación do título de grao para evitar posibles confusións co campo profesional da xestión cultural e a animación sociocultural, oficialmente xa utlizado desde a implantación da titulación de Educación Social no curso 1994/95 en Galicia (e no seu momento no resto das universidades dos estado)

Memoria para a verificación do título.

Escrito presentado polo Ceesg.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade