Área privada

Formación Ceesg: Apps e autismo. Tecnoloxías para pensadoras visuais

Xoves, 27 Xuño de 2019 | Tags: diversidade funcional , formación , TEA , tecnoloxías

Recoñecendo a ampla diversidade que podemos atopar dentro do Espectro do Autismo, debemos ter en conta que a maioría das persoas con TEA soen compartir un trazo común, son pensadoras visuais. 'Pensan en imaxes'. Destacan na habilidade visual-espacial procesando toda información visualmente, por iso, as palabras considéranse un segundo idioma.

Coñecendo isto, as e os educadoras/es sociais que traballamos con este colectivo buscaremos e/ou crearemos ferramentas que cheguen á persoa con TEA dende o visual. Na actualidade, mediante diversas aplicacións (Apps), a tecnoloxía permítenos acceder a unha inmensa batería de recursos deste tipo. Con isto non dicimos que de forma automática todas as aplicacións sexan axeitadas para o seu uso. Como profesionais teremos que coñecer as ferramentas dispoñibles para saber cal se adapta mellor á persoa con TEA segundo as súas necesidades, intereses e características funcionais. Esta acción formativa pretende recoller e ordenar pare das aplicacións máis valoradas (existen miles delas) para acortar o tempo de busca da/o profesional.

O curso desenvolverase de xeito telemático a través dunha plataforma formativa en liña á se poderá acceder as 24 h. todos os días da semana, na que se disporá dos materiais básicos do curso (temarios, presentacións, glosario, material audiovisual, actividades prácticas...), espazos abertos de discusión, resposta a dúbidas/preguntas nun prazo máximo de 24 h., incluídas fins de semana, e entrega final dun dossier con listado de recursos personalizado aos intereses de cada participante.

Prazo de inscrición ata o 26 de xuño.

Inicio do curso: 1 de xullo.

Finalización: 31 de xullo.

Carga lectiva: 20 h.

Prezos:

  • Estudantes Amigas/os do Ceesg ou Colexiadas/os Ceesg en desemprego: 30 euros.
  • Colexiadas/os Ceesg en activo: 50 euros.
  • Outras persoas interesadas: 95 euros.


Ver información detallada do curso

Formulario de inscricións

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade