Área privada

VI Premio Internacional de Educación Social Joaquim Grau i Fuster

Venres, 03 Maio de 2019 | Tags: infancia , premio , proxectos

Este premio organízase como homenaxe ao educador social Joaquim Grau i Fuster, e tamén aos cidadáns e cidadás que coma el axudan a facer nosas cidades máis abertas, máis hospitalarias e respectuosas coas persoas que as habitan, e a aquelas e aqueles profesionais que traballan no campo da Educación social e que achegan, dende a reflexión, novas maneiras de entender e de exercer a profesión.

O certame pretende promover a reflexión escrita sobre a práctica profesional no como da educación social coa infancia, adolescencia e xuventude, afondando nos efectos educativos resultantes da acción profesional.

A dotación do premio é de 6.000 euros.

Poden presentarse os traballos ata o 31 de agosto de 2019.

Máis información

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade