Área privada

Programa reCURRA

Xoves, 09 Xuño de 2011 | Tags: familias

Recentemente púxose en marcha o programa de ámbito nacional reCURRA, nacido para atender a familias en grave conflito cos seus fillos ou fillas.

O equipo profesional, formado por diferentes perfís da psicoloxía, a saúde e a educación, deseñou unha intervención integral para familias con dificultades graves de relación ou que perciben algún tipo de maltrato, dende o abuso e a tiranía ata situacións de violencia.

Esta resposta profesional comprende distintos niveis de intervención:

  • Atención telefónica gratuíta.
  • Intervención psicolóxica ambulatoria.
  • Intervención psicolóxica a domicilio.
  • Tratamento residencial específico para os menores.
  • Rede de expertos psicoterapeutas distribuídos por todo o territorio nacional.

Ofrécese este proxecto como ferramenta para profesionais e pais/nais que busquen orientación ou axuda específica ante esta situación.

Máis información

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade