Área privada

Novo grupo de traballo: Animación Sociocultural e Xestión Cultural

Xoves, 25 Abril de 2019 | Tags: Animación sociocultural , Grupos de Traballo , xestión cultural , ASC

No Ceesg entendemos os grupos de traballo como unha vía de participación que serve de apoio, facilita e mellora o labor de defensa e desenvolvemento da profesión por parte do Ceesg, permitindo incluír a perspectiva de persoas con interese nunha determinada materia. Así, os grupos de traballo teñen a función de asesoramento e apoio ao Ceesg cando se lle solicite, ao mesmo tempo que se configura como un espazo a partir do cal poñer en práctica iniciativas que as súas integrantes consideren de interese.

Neste momento, hai en funcionamento 8 grupos de traballo, tras a posta en marcha dun novo grupo de Animación Sociocultural e Xestión Cultural, que está agora dando os seus primeiros pasos, tras a súa constitución.

Formado por cinco persoas, este grupo de traballo xa ten marcados os seus obxectivos para o ano 2019, entre os que están promover a reflexión sobre o perfil profesional do Educador/a Social no sector da cultura; visibilizar a animación sociocultural e a xestión cultural como ámbito propio da Educación Social; definir os perfís profesionais presentes no ámbito da animación sociocultural e xestión cultural, e xerar espazos de encontro, reflexión, formación... baixo as temáticas de animación sociocultural e xestión cultural.

Felicitamos ás persoas que tomaron a iniciativa para a posta en marcha do grupo, e felicitámonos como entidade, por contar con este novo apoio para a consecución dos nosos fins.

Máis información do grupo aquí.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade