Área privada

Defensa da profesión. Recursos e resolucións

Mércores, 13 Marzo de 2019 | Tags: familias , Emprego , orientación laboral , Concellos , acción profesional , recurso , impugnación

Hai uns días o Ceesg presentou recurso de reposición ás bases de contratación dun/ha Orientador/a laboral para o Concello de Poio, no que reclamamos a inclusión de Educación Social como titulación para poder participar no proceso selectivo, pois limitábase o acceso a determinadas titulacións universitarias entre as que non constaba a nosa. O concello resolveu coa modificación das bases de selección, de xeito que se abrirá a outras titulacións universitarias (pendente de publicación).

Tamén o Concello de Cariño atendeu favorablemente á reclamación respecto do posto de Educador/a familiar, de xeito que se reserva o acceso a este posto para persoas coa titulación de Educación Social.

Nos últimos días, a parte dos anunciados con anterioridade, tamén vimos de presentar recurso ante o Concello de Carballo pola contratación dunha/dun educador/a familiar, admitindo titulacións distintas de educación social no proceso selectivo. Por outra banda, diriximos sendos escritos dirixidos á Consellería de Política Social instando a que se axusten á legalidade as prazas de persoal educador dimanantes do procedemento de contratación do centro de menores O Seixo, e do convenios para a a intervención educativa integral con menores que teñan que cumprir medidas xudiciais en medio aberto; solicitamos que se ateñan á legalidade marcada polo III Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade