Área privada

Defensa da profesión a través de impugnación de bases de selección

Mércores, 27 Febreiro de 2019 | Tags: familias , Emprego , Concellos , acción profesional , recurso , impugnación

Recentemente catro concellos publicaron bases para a contratación de postos de educador/a familiar, e un de técnica/o de prevención de drogodependencias. Procesos nos que ademais de Educación Social se admitían tamén outras titulacións.

Entendemos e defendemos que as funcións destes postos lle corresponden exclusivamente a Educadoras/es sociais, polo que como colexio profesional presentamos recurso de reposición a estas bases.

Recordamos a quen queira participar nestes procesos selectivos que tamén sería recomendable a reclamación a nivel persoal, para o que temos un servizo de asesoramento xurídico á vosa disposición.

Afortunadamente, xa hai concellos que foron desbotando a denominación "educador/a familiar" para usar a terminoloxía correcta (educador/a social) e tamén os que, a pesar de seguir coa mesma nomenclatura, convocan de xeito correcto, co requisito de titulación ou habilitación en Educación Social.

Comentarios (2)

1 | Lucas - Sábado, 02 Marzo de 2019 ás 10:44

Para facer a reclamación ou acudir o asesoramento xurídico, hay que desprazarse ata Santiago non?

2 | Ceesg - Luns, 04 Marzo de 2019 ás 08:55

Ola Lucas, O ideal sempre é o trato directo co asesor xurídico, máis se non hai posibilidade de desprazamento pode atender por teléfono. Un saúdo

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade