Área privada

Obradoiros de cultura menstrual

Mércores, 05 Xuño de 2019 | Tags: Ceesg , igualdade , formación , colaboracións , Fiadeiras , Feminismo , descontos , obradoiros

O grupo de traballo Fiadeiras organiza dous obradoiros sobre cultura menstrual, que nos axudarán a aprender un pouco máis sobre nós e sobre o noso corpo.

O obradoiro ‘Somos unha, somos moitas’ busca o autocoñecemento consciente do noso propio ciclo menstrual, que nos servirá para realizar un plan de autocoidado.

E no obradoiro ‘Tecendo redes’ aprenderemos ferramentas e estratexias metodolóxicas para implementar o ciclo menstrual como ferramenta de promoción da saúde con perspectiva de xénero.

Ambos obradoiros serán impartidos por Lola Hernández, creadora do movemento de cultura menstrual La Caravana Roja.

  • Tecendo redes. Como  incorporar a cultura menstrual en organización, proxectos e centros educativos. 8 de xuño de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h.
  • Somos unha, somos moitas. Autocoñecmento e ciclo menstrual. 9 de xuño de 10:00 a 14:00 h.

Lugar: Centro Medra. A Coruña (enlace ubicación)

Descargar información detallada dos obradoiros.

Descargar cartaz.

Formulario de inscricións

 

 

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade