Área privada

Colaboración co blog Petricor

Mércores, 02 Xaneiro de 2019 | Tags: , universidade , colaboración , alumnado

Antía, Noemí e Inés son un grupo de futuras educadoras sociais, estudantes no Campus de Ourense da Universidade de Vigo, que fixeron un traballo que consistía na creación dun proxecto emprendedor. Decidiron crear un blog, apoiado por redes sociais e carteis informativos, no que loitan por dar voz e encontrar o oco que a Educación Social merece: informando sobre as saídas profesionais, as funcións, competencias e ámbitos da profesión; proporcionando consellos e opinións ao e entre o alumnado e contando con textos reflexivos sobre calquera tema relacionado coa profesión e coa titulación.

O blog está aberto á colaboración de calquera persoa que queira compartir as súas opinións ou coñecementos, decidindo libremente a temática. No tempo que leva en funcionamento xa foron varias as persoas que se animaron a escribir.

Dende o Ceesg aplaudimos a súa iniciativa e animamos ao colectivo de colexiadas e colexiados non só a botarlle un ollo ao seu proxecto participativo e divulgativo, senón a formar parte del enviando as vosas propias achegas.

Para máis información, ou para enviar a voso texto, podedes contactar con elas en petricorourense@gmail.com.

Este é o enlace ao blog: https://petricorourense.wixsite.com/educacionsocial

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade