Área privada

Convenio para o apoio a orfas/os a causa da violencia de xénero

Xoves, 03 Xaneiro de 2019 | Tags: infancia , igualdade , violencia de xénero

Ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e mediante a aprobación dun Plan Estratéxico de Atención Integral aos menores orfos por causa da violencia de xénero, a Xunta tomará unha serie de medidas de apoio en varios eidos. Por este motivo, varias asociacións e colexios profesionais vimos de asinar un convenio coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Ao abeiro deste convenio, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia comprométese a prestar apoio e atención socioeducativa integral tanto aos nenos e nenas orfas a causa de violencia de xénero como ás persoas que asuman o seu coidado.

Imaxe: Xunta.gal

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade