Área privada

Programa Impulsa-T

Xoves, 27 Decembro de 2018 | Tags: Emprego

CIMO pon en marcha o Programa Integrado de emprego Impulsa-T, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, coa finalidade de que as súas usuarias melloren a súa empregabilidade para facilitar a súa inserción no mercado laboral a través dun conxunto de accións organizadas arredor dun proceso personalizado e individualizado que ten como obxectivo a inserción laboral e o crecemento persoal e profesional das persoas participantes, especialmente a través de accións en materia de información, orientación e asesoramento (individual e grupal), formación, práctica laboral, mobilidade xeográfica, prospección de empresas e intermediación laboral, así como asesoramento para emprendedoras.

Este programa conta cun compromiso de inserción laboral dun 45% das súas participantes.

Accións e actividades que se levarán a cabo:

  • Selección, acollida e avaliación das participantes.
  • Deseño dos itinerarios de inserción laboral.
  • Accións de información, asesoramento e orientación e acompañamento laboral.
  • Accións formativas (formación prelaboral, formación en autoemprego e iniciativa empresarial, formación para o emprego, formación certificable, prácticas profesionais non laborables)

Destinatarias:

  • Mulleres desempregadas en risco de exclusión social.
  • Mulleres menores de 30 anos.
  • Mulleres desempregadas maiores de 45 anos.
  • Mulleres desempregadas perceptoras ou beneficiarias do Prepara.
  • Mulleres desempregadas de longa duración.
  • Mulleres inmigrantes.
  • Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero.


Información e inscrición:

Para solicitar a participación neste programa ou recibir máis información hai que cubrir o formulario de inscrición ou llamar a CIMO aos teléfonos 988 39 15 15 / 665 761 939.

Máis información: www.cimo.org

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade