Área privada

Satisfacción laboral de profesionais do social

Martes, 18 Decembro de 2018 | Tags: investigación , universidade , benestar , colaboración , laboral

A educadora social e profesora da Universidade Complutense de Madrid Lola Vallellano está levando a cabo una investigación sobre a satisfacción laboral das/os profesionais que desempeñan o seu labor no ámbito social. Esta variable é importante na prevención de riscos psicosociais no traballo e no benestar laboral.

Grazas á colaboración do Colegio Profesional de Educadoras y Educadores de Madrid, entre outros, xa se publicaron os resultados preliminares na revista científica Ansiedad y Estrés (enlace).

Para seguir avanzando na investigación, solicita a colaboración do Ceesg, e de todas as persoas que forman parte del como colexiadas/os, para recabar máis datos a través dun formulario en liña, anónimo e confidencial, sobre o tema.

Se queres colaborar, podes entrar no cuestionario no seguinte enlace

Cuestionario de investigación sobre satisfacción laboral no ámbito social

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade